Menu
Concello de Muros
Santi, Alianza e Marisa son os anfitrións nesta visita para coñecer Muros. Tres persoas, tres lugares, que como veredes están todos conectados polo seu amor ó mar. Unha vila feita “de auga e sal”, ideal para quen quere viaxar atrás no tempo e pasear polo casco histórico dunha vila con marcado carácter mariñeiro. Cando pasees polas súas rúas , verás que non é casualidade que este Concello esté declarado Conxunto Historico-Artístico.
Unha vila que medrou sempre de cara o mar, como poderás observar pola cantidade de antigas fábricas de salazón que hai o longo da súa costa, o marisqueo ou as embarcacións de pesca de baixura que hoxe seguen a ser un dos seus principais motores económicos.
Obrigada a visita a súa Igrexa, exemplo de gotico mariñeiro, un estilo de arquitectura moi frecuente na costa galega, así como a subida a Montelouro, un monte que hai xunto o mar e que está moi presente no imaxinario colectivo dos muradáns, porque como di o refrán “se Montelouro ten touca, chuvia moita ou pouca”.
A desfrutar!
Convidadas no vídeo
- Alianza Uhía Patiño. Técnica en Xestión e Animación Cultural do Concello de Carnota - @ali.uhia
- Santiago Caamaño “Culo”. Cómico - @duominusculo
- Marisa Pedrosa Fernández. Presidenta da Asociación Fouleada de Muros - @ac.fouleada
Aparecen no vídeo...
Praia do Ancoradoiro
Praia ideal para darse un baño ou practicar deportes de auga. Está preto dunhas dunas cunha grande cantidade de flora e fauna diversa.
O Viñal
Barrio mariñeiro no casco histórico de Muros, destaca polo coidada que están as suas casas, todas elas exemplo da arquitectura tradicional e popular da zona.
Praia de Rocha
A parte de ser unha zona de baño , esta praia ten un grande valor histórico xa que aquí se emplazaron as fábricas de salazón que se convertirían no motoreconómico da vila.
