Menu
Concello de Boimorto
Achégamonos a Boimorto para coñecer a Mari Carmen, unha entusiasta da historia que nos convida a coñecer a senda do Boido, unha senda natural que merece ser recoñecida e protexida por todas e todos. Un sendeiro que nos transmite a paz e tranquilidade que se vive no resto do Concello.
Descubrimos con Enrique a área de recreo Ponte do Castro, un espazo ideal para facer deporte ou estomballarse á beira do río.
E coñecemos grazas a Matilde, unha carballeira con moita festa, música, tradición e encanto. A que esperas para visitar Boimorto?
Convidadas no vídeo
- Carmen Barreiro Nouche. Portavoz da Agrupación folklórica Santiaguiños baile ,canto e pandeireta tradicional - @santiaguinhos_boimorto
- Matilde Barreiro López. Xubilada.
- Enrique Gutierrez Vazquez. Veterinario.
Aparecen no vídeo...
Senda do Boído
Antigo paso de carros, hoxe é frecuentada por excursionistas e por aqueles que buscan desconectar da vida urbana.
Área de recreo Ponte Castro
Ao carón do Tambre e dentro da ruta do Camiño do Norte , temos esta área recreativa que dispón de todas as comodidades.
Carballeira da Gándara
Moi preto do núcleo urbano, esta Carballeira é o centro da vida social de Boimorto.