Concello de Arzúa

Para Moisés o encanto de Arzúa reside na súa tradición, naqueles espazos que forman parte da historia do Concello e que viron xogar, medrar, casar e incluso partir a todos os seus veciños. E que narran , como un libro, o día a día da vida dos arzuáns.

Algo parecido lle sucede a Silvia, que nos leva a visitar unha fonte con propiedades medicinais, un coñecemento que adquiríu da súa avoa e que aínda hoxe perdura no tempo grazas á tradición popular.

Para Xesús o encanto de Arzúa reside nos seus sendeiros e fervenzas.

Tres espazos, tres historias e todo un Concello por descubrir! A desfrutar viaxeiros!

Convidadas no vídeo

  • Moisés Suárez. Dinamizador Cultural, Presidente da A.C. Ateneo Berger de Arzúa.
  • Xoán Xesús Carril Ramos. Presidente do Clube de montaña Ratos Libres. Clube de sendeirismo.
  • Silvia Duro Couso. Filóloga.

Aparecen no vídeo...

Ermida da Mota

A Ermida está situada nunha Carballeira. Onde cada un dos seus Carballos agocha a historia dunha das familias do lugar. Un lugar con encanto do que non poderás escapar!

A Fonte Santa

Conta a lenda que esta fonte tiña propiedades medicinais e aínda hoxe son moitos os que se achegan a recoller a súa auga para previr e curar todo tipo de doenzas.

Fervenza das Hortas

Un espazo de gran valor paisaxístico e natural, recomendado para os amantes da natureza e o senderismo.
Concello de Arzúa