Menu
Concello de Melide
Aurora, Natalia e Raquel son as nosas anfitroas en Melide. Cada unha delas representa unha proposta de ocio diferente.
Aurora lévanos a unha área recreativa, un espazo de lecer e que no que facer vida comunitaria. Non é de extranar a elección xa que é a Presidenta dunha Asociación de 800 veciñas.
Raquel escolle un lugar con encanto. Unha aldea que forma parte dunha carreira popular e que está chea de elementos etnográficos. Deporte, arquitectura e tradición xúntanse na aldea de Leboreiro.
Con Natalia visitamos o núcleo histórico. Tendas, museo, bares e incluso unha vinoteca que agocha unha colección moi peculiar é a faciana máis urbana desta excursión por Melide.
Comunidade, historia e lecer son os ingredientes polos que apostan as nosas convidadas para que descubras o lugar onde viven. Esperamos que o desfrutes!
Convidadas no vídeo
- Aurora Fernández Blanco. Presidenta Asociación de mulleres rurais Alecrín - @Alecrín-Asociación-de-mulleres-rurais
- Natalia Amaro Valiño. Empregada do fogar.
- Raquel Val Vázquez. Funcionaria.
Aparecen no vídeo...
Leboreiro
Aldea con varios elementos patronímicos ben coidados. Forma parte do Camiño Francés.
Área Recreativa de Furelos
Espazo natural xunto que dispón hamacas e merendereros, así como diferentes zonas de xogo para os máis cativos.
Praza do Convento
Quilómetro 0 de Melide. Unha praza que concentra diferentes servizos e alternativas de ocio e culturais.