Menu
Concello de Cabanas
Para moita xente Cabanas é un municipio que parecera ser todo praia. Para quen a coñece ben, como é o caso das nosas protagonistas, Cabanas ten unha chea de espazos por descubrir e explorar.
Lavadoiros que serven de espazos de encontro, sendas que revitalizan corpo e mente ou arquitectura relixiosa situada en paraxes de conto son tan só algún dos exemplos que nos propoñen para Cabanas. A Fraga feita mar.
Se ides con tempo, recomendamos tamén facer o seu roteiro da Costa, que sae da praia da Madalena e que finaliza nun punto no que poderedes descubrir unhas ruinas dun muiño de maré.
Se a visitades con mascota, lembrade que de 1 de xuño a 30 a parte da praia da madalena que está contra o Faro, é apta para que vo deades un chapuzón coa vosa mascota.
Tamén de grande interese os tres pazos que podedes atopar na vila. Pero se o que vos gusta e pasear e pasear durante horas, podedes xogar a perdervos polas súas rúas, na busca e procura de todos os exemplos que ten de arquitectura indiana.
Unha aventura para desfrutar coa familia!
Convidadas no vídeo
- Nieves López. Ama de casa.
- Maricruz Meizoso. Presidenta Cabanas Rural Asociación de Mulleres.
- Teresa Carbón. Ama de casa.
Aparecen no vídeo...
Santa Olaia de Soaserra
Igrexa ubicada nun enclave natural privilexiada, nunha das entradas ás Fragas do Eume.
Rego dos Muiños
Senda natural na que podemos observar diferentes muiños tradicionais. Ideal para pasear ós días que vai moita calor!
Fonte do Pazo
Antiga fonte e lavadoiro do lugar do Pazo. Está ubicada nunha zona cunha grande beleza paisaxística e natural.