Concello de Moeche

Para Ramón o encanto de Moeche reside na súa feira, un espazo sin o que non poderíamos entender o estilo de vida das modestinas e modestinos.

Para Fina a súa maxia reside na vida social, na unión que teñen todas as veciñas e veciños do Concello e na improtancia que lle dan os espazos de lecer e a natureza.

José Luis é un apaixoado da súa profesión, visitamos con él unha antiga canteira, que axudou a construir e asentar os soños de moitas familias da vila.

Pero se hai algo que non podes marchar sen visitar é o seu Castelo. Derrubado no Século XV polos Irmandiños, como parte dunha Revolta popular que tiña como fin acabar co abuso de poder que a Igrexa e a Nobreza da época exercían sobre os campesiños.

Co paso dos anos, o castelo foi reconstruido polo Conde de Lemos para empregalo como cárcere. Volvendo por tanto a representar o espazo onde residía o poder, nun contexto histórico moi marcado polas desigualdades sociais. Este feito fixo que hoxe, o de Moeche sexa un dos castelos mellor conservados de Galicia e na actualidade serva como espazo de divulgación cultural e centro da axenda cultural local, onde se celebra cada ano, desde 1980 o famoso Festival Irmandiño de Moeche.

Poderíamos afirmar por tanto, que tras varios Séculos de loitas polo poder, o Castelo pertence ó fin , os descendentes daqueles Irmandiños.

Convidadas no vídeo

  • Ramón José Carballeira García. Técnico de Turismo.
  • José Luis Ferreira Bouza. Xubilado.
  • Josefa Rego Parada. Membro da directiva da A.V.C.R. "VAL DE MOECHE".

Aparecen no vídeo...

Antigo recinto ferial de Moeche

Moi preto do actual recinto ferial, está ubicado o recinto no que se desenvolvía a Feira, un espazo con encanto e cargado de historia que se conserva en perfecto estado.

Área Recreativa Souto Grande

Área de recreo xunto o río, ten habilitados servizos así como espazos con meredenderos e parque infantil.

Canteiras da Ferreiría

Antigas canteiras nas que podemos observar as diferentes maneiras que existiron o longo da historia para extraer a pedra da zona.
Concello de Moeche
Concello de Moeche