Menu
Concello de Cee
Para “Carballeira” a riqueza de Cee está nas súas orixes, na súa tradición pesqueira, por iso nos convida a praia onde estaba a antiga factoría baleeira. Un espazo con case un século de historia e que foi o motor económico da Comarca durante varias décadas.
Para Martín o encanto de Cee está na calidade de vida, na súa contorna natural e na vida comunitaria que se fai nos diferentes lugares.
Ángeles sen embargo aposta pola súa riqueza patrimonial e o saber popular, nas lendas que agochan cada unha das pedras, cruceiros e tradicións que agocha Cee.
Descubrimos con eles a coñecida como “a urbe” da Costa da Morte.
Convidadas no vídeo
- Manolo Ozón “Carballeira”. Técnico de mantemento.
- Martín García Caamaño. Tesoreiro da S.D.C Brens - @sdc.brens
- Angeles Perez Barran. Panadeira - @tahonadastravesas
Aparecen no vídeo...
Praia de Caneliñas
Praia que no seu día foi o enclave dunha baleeira da que todavía se conservan varias edificacións e accesos.
Fabidón
O paseo fluvial dispón de diferentes espazos de ocio , así como un muiño en perfecto estado de conservación.
Cruceiro da Cantorna
Trátase dun cruceiro moi peculiar, xa que a súa historia está ligada a facer de marco ou linde entre terreos de diferentes propietarios.
