Menu
Concello de Vimianzo
Lorena convídanos a deixar voar a nosa imaxinación entre penedos e sendas con vistas privilexiadas. Mari Carmen prefire que a acompañemos a visitar unha xoia da arqueoloxía popular, un anaco da historia do Concello sen o que non poderíamos entender a relidade dos nosos días. E xa con Vicente a visita será a Porto Cereixo, a saída ó mar do municipio.
Durante o percorrido terás sempre moi presente o seu castelo medieval. Icona e símbolo do Concello. Un castelo que se conserva a perfección e no seu interior dispón de mostras dos diferentes oficios tradicionais.
Sen dúbida un Concello moi recomendables para os amantes da antropoloxía e a historia.
Convidadas no vídeo
- Vicente Rivas Negreira. Comunidades de Montes Veciñais de Mouzo e Cures.
- Mari Carme Toba Trillo. Vixiante de seguridade.
- María Lorena Suárez Pazos. Docente.
Aparecen no vídeo...
Penedos de Pasarela e Traba
Ideal para facer senderismo, os penedos dispoñen de diferentes indicativos para que deixes voar a túa imaxinación.
Alvariza
Recén descubertas, son unhas construcións de grande interese etnográfico, xa que se empregaban para protexer as colmeas dos ataques de intrusos.