Menu
Concello de Santiago de Compostela
De fama internacional, se visitas Compostela de seguro que o farás motivado polas súas múltiples alternativas turísticas.
Cando parecera que de Compostela está todo dito e descuberto, sempre aparece algún veciño ou veciña que che descobre un sitio novo con encanto. E que como di a expresión popular, “Compostela, onde ata a chuva é arte!”
A capital galega ten infinidades de opcións xa sexas un viaxeiro que está de retirada espiritual, como unha apaixoada da historia e a arquitectura ou un grupo de amigas que queren desfrutar do ocio nocturno. Na súa Catedral descansa, segundo o mito Xacobeo, o corpo do Apóstolo Santiago o Maior que é quen da nome a cidade. É nesta cidade onde se atopa o Museo do Pobo Galego así como a Cidade da Cultura de Galicia. Un pequeno núcleo urbano que aínda conserva séculos de tradicións e que medrou sempre nun marcado ambiente multicultural e cosmopolita. Unha cidade que goza dunha grande cantidade de monumentos, igrexas, conventos e pazos por cada metro cadrado. Unha riqueza patrimonial e histórica que a levou a acadar o distintivo de Patrimonio da Humanidade.
Quen visita hoxe Santiago de Compostela sabe, que o Camiño, vale sempre a pena.
Boa visita, viaxeiros e viaxeiras!
Convidadas no vídeo
- Carmen Chao. Xornalista - @carmen.chao
- Lucía Freire Sande. Comercial.
- Luis Leclere. Presidente do Colectivo A Rula - @colectivoarula
Aparecen no vídeo...
Entrerrúas
Trátase da corredoira máis estreita de Compostela e serve para conectar dúas das rúas comerciais máis transitadas da capital galega.
Parque de Belvís
Un parque moi popular con diferentes espazos de ocio e lecer. Goza dunha importante axenda cultural e alternativa o longo de todo o ano.
Convento de Santa Clara
Monumento barroco. Entre as súas peculiaridades está a súa fachada-telón, moi representativa do movemento arquitectónico compostelán da época.