Menu
Concello de Ribeira
De marcado carácter urbano e industrial, pois non deixa de ser unha das sete cidades de Galicia, Ribeira é un Concello de contrastes.
No seu nucleo urbano poderás desfrutar de todas as comodidades dunha urbe: comercios, bares, museos e espazos de ocio.
E xa na súa contorna poderás atopar un paisaxe dunar das máis famosos de Galicia, as Dunas de Corrubedo. Unha paisaxe que se move ao carón do silbido do vento.
Propoñemos tres espazos con moito encanto, pero tamén che recomendamos que vaias con tempo , xa que existen mil plans que podes abordar sen saírte do Concello.
Na súa contorna, está tamén unha das xoias do megalitismo galego, o Dolmen de Axeitos.
Patrimonio, miradoiros, faros e praias,así como unha axenda cultural que nada ten que envexar as das grandes urbes galegas. Ocúrreseche un plan mellor?
Tradición mariñeira nunha contorna natural que che namorará!
Convidadas no vídeo
- Luís Pérez Barral. Técnico Normalización Lingüística Concello Outes - @sinhogz
- Ramón López Martínez. Presidente da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna - @afestadadorna
- Ana Domínguez Chouza. Youtuber - @nuska.casanande
Aparecen no vídeo...
Punta Couso
Pequena cala pouco frecuentada y que dispón moi preto de varios espazos rocosos polos que perderse.
Lavadoiro de Artes
Rehabilitado por Carlos Seoane, é o lavadoiro máis grande do Concello. Ten unha zona de aparcamento e é aquí onde comeza o paseo Fluvial do río Artes.
Miradoiro da Rá
Rehabilitado polo arquitecto Carlos Seoane, o miradoiro ten un deseño moi respectuoso coa sua contorna.