Menu
Concello de Porto do Son
Falar de Porto do Son é falar do Castro de Baroña. Mais tamén e falar de museos, de portos deportivos e de tradición mariñeira. Así nolo amosan Patricia, Manuel e Ovidio.
Entre as súas praias máis populares está a praia das Furnas, aínda que calquera dos 22 arenais deste Concello deixarante con moi bo sabor de boca.
A parte dos plan que che propoñen as veciñas e veciños de seguro que atopas outros puntos de interés cos que completar a túa ruta.
Destacan a fervenza de Ribasieira , o porto deportivo de Portosín ou as rúas históricas do propio núcleo urbano. Nunca decepciona!
Convidadas no vídeo
- Patricia Torrado Queiruga. Escritora e museóloga - @pattytorrado
- Manuel Mariño del Río. Historiador.
- Ovidio Queiruga Gonzalez. Presidente da Comunidade de Montes de Baroña - @comunida.barona.7
Aparecen no vídeo...
Muiños de San Tomé
Senda natural na que se atopan varios restos arqueolóxicos de grande interese histórico.
Igrexa de Miñortos
Conxunto arqueolóxico de grande valor histórico e artístico no lugar de Miñortos.
Monte Enxa
Mirador que permite facer unha panorámica dunha grande parte do municipio , así como da Ría de Muros-Noia.