Menu
Concello de Outes
Cando lle preguntamos a Sole por un recuncho con encanto do seu Concello ela tíñao moi claro: A Ponte do Ruso. Unha senda na que adoita acudir a perderse coa súa mascota, desfrutando xuntas do ritmo pausado da natureza.
Para Antonio, un apaixoado da historia , ese recuncho con encanto estaba na Carballa e nos gravados que centos de anos atrás nos deixaron os outenses.
Para Paula o encanto de Outes está na súa costa, nas tardes na praia de Broña. Unha praia que víu medrar a todas as xeracións do Concello. Un lugar para o baño, o ocio, a cultura, o descanso, a troula… Un lugar, sen dúbida, do que namorarse.
Convidadas no vídeo
- Soledad Agra Tuñas. Presidenta Asociación Xente de Santo Ourente - @xente.orente
- Antonio Rodríguez García. Consultor de turismo.
- Paula Vilariño da Silva. Estudante.
Aparecen no vídeo...
Petróglifos da Carballa da Cova
Gravados en pedra de grande interese pola súa riqueza patronímica, están situados no lugar da Carballa.
Praia de Broña
Trátase da praia por excelencia do Concello, ten varios servizos preto así como un bo acceso.