Concello de Noia

Mais coñecida como o Porto de Compostela pola súa proximidade e as súas relacións comerciais e históricas coa capital galega, estás ante un exemplo de vila medieval. O seu casco histórico foi o escenario da revolta Irmandiña, un levantamento popular que loitou por acabar cos símbolos de poder da época: a nobreza e o clero.

A parte das recomendacións que teñen os seus veciños é moi importante que non esquezas visitar Santa María a Nova xa que no seu museo están as laudas gremiais máis antigas de Europa. Tamén importante que te achegues a coñecer a Igrexa de San Martiño, protagonista dunha das lendas máis misteriosas de Galicia.

Convidadas no vídeo

  • Ricardo Suárez García. Investigador na USC - @rsuarezgarcia
  • Pablo Francisco Silva Méndez. Presidente Plataforma Plademar Muros Noia - @plademarmurosnoia
  • Ana María Rivas Tarela . Mariscadora.

Aparecen no vídeo...

Praia do Testal

Praia moi concurrida pola súa proximidade coa vila de Noia.É un dos puntos explotados polos marisqueo pola súa riqueza en ameixa.

Muiños de Pedrachán

Unha zona cun alto valor etnográfico, non só polos máis de vinte muiños medieviais que se conservan senón porque na contorna mantéñense lavadoiros, presas, canles. Ten fácil acceso.

Mirador Monte de San Lois

Un magnifico enclave a 363 metros de altura desde o que poderá desfrutar de toda a Ría de Muros Noia.
Concello de Noia