Concello de Frades

Frades está pensando para o lecer e mellorar a vida das súas veciñas e veciños. Por todo o Concello existen un sinfín de áreas de recreo que dan mostra diso.

Achegámonos a tres destas áreas, todas elas cun encanto particular. Zona de baño, unha fraga para pasear ou merendar, servizos e bares.

No concello existen tamén obras de arquitectura relixiosa cun grande valor histórico, así como diferentes monumentos que dan conta da súa historia e dos protagonistas da historia do Concello.

Atende ben a época do ano na que o visitas. Xa que o lema dos veciños e veciñas de Frades é “Festa, festa e festa”. Unha axenda cultural e de ocio que non ten nada que envexar as capitais urbanas.

Convidadas no vídeo

  • Jose Maria Miras Sanchez. Carpintero.
  • Agustín Sánchez Rey. Socio fundador AAVV de Os Pasos de Aiazo - @ospasosaiazo
  • Juan Carlos Pernas Moar. Chófer.

Aparecen no vídeo...

Área Recreativa Ponte Carballa

Un lugar tranquilo afastado do medio urbano no cal se pode gozar dunha tarde ao aire libre. Con paisaxes preciosas nas que se perde a noción do tempo. Perfecto para ir xantar ao aire libre ou gozar da tranquilidade que se produce a beira do río.

Campo da festa de Gálegos

Coñecido como “o campo da festa”, é un espazo con moito encanto, xa que ten unhas fragas dentro das súas lindes.

Os pasos de Aiazo

Unha zona que dispón de varias áreas de esparcemento, así como campo de fútbol, parque infantil, mesas… “Pasos” é nome que reciben as pedras que se colocan en ringleira para cruzar dunha beira a outra do río.
Concello de Frades
Concello de Frades