Concello de Carballo

Para Sara o encanto de Carballo reside na súa Ría. Un espazo natural que serve como refuxio de aves, mais tamén como refuxio no que salvagardar un vínculo que nos conecta de xeración en xeración, como protagonistas dun libro do que todavía quedan, moitas follas por escribir.

Para Ricardo a maxia de Carballo reside nas súas Férvedas, neses espazos nos que un pode pasear e conversar consigo mesmo mentras desfrutamos da tranquilidade que transmite o paso natural da vida.

Óscar prefire un espazo que nos tralada nunha viaxe no tempo. Percorrendo a historia do Concello ata descubrir os restos nos que descansan as súas raíces. Afondando, de ser preciso, nos nosos rituais máis primarios, nos restos das preguntas que nos acompañan desde o inicio dos tempos.

Todos eles ofrecen un contrapunto perfecto que explica o actual Concello de Carballo. Coñecido popularmente polo seu núcleo urbano, este municipio situado en Bergantiños e na Costa da Morte está a converterse na vangarda da arte urbana. A fórmula do seu éxito? Unha aposta pola divulgación cultural, a experimentación artística e a posta en valor do seu Patrimonio.

Carballo ó igual que Sara, Ricardo e Óscar sabe moi ben de onde ven, pero sobre todo, sabe moi ben cara onde camiña: a convertirse no referente cultural de Galicia.

Convidadas no vídeo

  • Sara Varela. Mestra - @arrolosnaescola
  • Ricardo Rei Gómez. Mestre e Autónomo - @aescolinhadericardo
  • Oscar David Rodríguez Cabeza. Membro de Senda Nova - @senda.nova

 

Aparecen no vídeo...

Férveda de Rus

Ideal para visitar nos días calurosos, a férveda de Rús está ubicada nun souto e dispón moi preto de varios lugares de interese patrimonial.

Ría de Lema

Confórmase aquí un ecosistema único, no que se concentra abundante e diversa vexetación que serve de refuxio a diferentes especies de aves, peixes e crustáceos.

Dolmen Pedra Moura

Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé
Concello de Carballo
Concello de Carballo