Concello de Brión

A Brión chegan cada ano todo tipo de viaxeiros, xa sexan motivados pola súa riqueza natural, como polos seus restos arqueolóxicos ou polas súas tradicións que sobreviven intactas ao paso do tempo.

Un Concello que inspirou moitos dos versos máis fermosos e coñecidos de Rosalía de Castro, unha historia que podemos descubrir a través da Ruta Rosaliana. Que foi escenario dunha revolución, como poderás descubrir se visitas as súas Torres de Altamira e que ten nas súas augas termais a cura de moitas das nosas doenzas. Todos os anos, a finais de setembro, ten lugar a Romaría de Santa Minia, unha cita obrigada para toda a bisbarra onde se mesturan festa, tradición e espiritualidade. Pablo, Teri e Carmen teñen unha alternativa de ocio para que coñezas a zona.

E se hai unha cousa na que coinciden tanto nativos como achegados é que vivir en Brión, paga sempre a pena.

Convidadas no vídeo

  • Pablo Becerra Suárez. Reposteiro e cociñeiro - @obradoiropablo
  • Aurora Lamas Juncal. Xubilada.
  • Teresa Andrade Carrillo. Presidenta da Asociación Cultural e Veciñal O Tremo (ACV o Tremo) - @acvotremo

Aparecen no vídeo...

Igrexa de Bastavales

Igrexa de visita obrigatoria, a parte de polo seu gran valor histórico- artístico e por formar parte da Ruta Rosaliana, está ubicada nun enclave privilexiado con vistas sobre todo o Val da Mahía.

Busto de Frades

Miradoiro nun enclave natural desde o que podemos observar a Ría de Muros Noia.

O Tremo

Lugar moi popular polas súas augas termais, dispón de espazos de lecer ideais para visitar en familia.
Concello de Brión
Concello de Brión