Menu
Concello das Pontes
As Pontes ten sempre unha protagonista indiscutible: a súa central térmica. Unha paisaxe moi pouco frecuente nas vilas galegas.
A través da súa veciñanza descubriremos puntos de interese menos coñecidos: o núcleo medieval, as súas fragas ou un deses lugares afastados do urbano que transmiten a paz e a tranquilidade de vivir o compás da natureza.
Sexas un fan da historia, da arquitectura industrial ou da natureza, de seguro que nas Pontes atopas, un recuncho do que namorar.
Convidadas no vídeo
- Silvia Pardo Galdo. Integranta do Colectivo Feminista das Pontes - @colectivofeministaaspontes
- Celia Cabarcos Otero. Xubilada - @suvica74
- Miño Guerreiro Rodríguez. Autónomo.
Aparecen no vídeo...
A Ponte dos Ferros
De grande interese, xa que está ubicada nas Pontes orixinais, no casco histórico no que medrou a Vila.
Escola do Deveso
Antiga escola unitaria, hoxe funciona como centro social e cultural do lugar do Deveso.
